Logo

UNHA VIDA EN PROL DA LOITA

Letras DE SAUDADE, de morriña, añoranza e demais sensacións que veñen a expresar múltiples formas de volver ó pasado e botar de menos lugares, experiencias, persoas,... ata sufrir por volvelos ver. Ante todo, son letras onde o que importa é o sentimento:

* *


AUTOR: Dios Martínez, Manuel de ___________________________________________________________________________________

 

OURENSE AO LONXE
(Disco: Regodobargo)

Galicia ten unha porta
a portiña do abrente
e os camiños que dan nela
pasan todos por Ourense.

De Ourense son e alí deixei
nas Burgas soños de infancia
no Santo Cristo a devoción
na Ponte o meu corazón.

Cando o Miño chega a Ourense
rouballe a Ponte un biquiño
e o pasar polo Ribeiro
canta ledo e bebe viño.

Os que nacen en Ourense
levan no peito un luceiro
coa roda polos camiños
percorren o mundo enteiro.

Cando o Miño chega a Ourense
dille a Ponte moi baixiño
sinón fora por Ourense
non serías Río Miño.

De Ourense son e alí deixei
nas Burgas soños de infancia
no Santo Cristo a devoción
na Ponte o meu corazón.

* *


AUTOR: Fabeiro Gómez, Manuel ____________________________________________________________________________________

" Comentario: A saudade no seu grao máximo introdúcese na simboloxía da cidade de Santiago de Compostela:

 

PRANTO EN COMPOSTELA
(Disco: Santiago, mar de pedra)

¡Ai, luar en Compostela!
¡Ai, Quintana dos Mortos
con tantos soños de pedra!

¡Ai, Compostela belida,
que gardas nas túas rúas
as ilusións de Galiza!

¡Antre a choiva i antre o vento
os salaios da Terriña
en Compostela comprendo!

¡Soan sinos de delor,
no luar de Compostela
firen o meu corazón!

¡Ai a rúa do Vilar
ai, pedras de Compostela
quixera con vos chorar!

¡Ai luar de Compostela!
¡Ai, a Quintana dos Mortos!
¡Ai, os salaios da Terra!

* *

 

AUTOR: Ferreiro, Celso Emilio _____________________________________________________________________________________

" Comentario: Os claroscuros derivados do amor a Galicia:

VEÑO
(A Xesús Alonso Montero)
(Discos: Celso E. Ferreiro na voz de Suso Vaamonde/ Lembranzas)


Si veño dende a vida é porque teño
unha lembranza de pavura e guerra
i un soño de espranzas nunha terra
que ven da mesma terra de onde eu veño.

Ao vago rumo de vivir me ateño
e busco un río azul de augas sereas
con mesmos bidueiros, con aceas
que anceio sin cesar e nunca outeño.

Non sei si son feliz ou desgraciado,
nin tampouco si estou ledo ou tristeiro.

Soio sei que me sinto un estranxeiro,
un home de cotío desterrado
dun remoto país fermoso e triste
que aínda non sei si de verdade existe.

Non sei si son feliz ou desgraciado
nin tampouco si estou ledo ou tristeiro.
(Mendoza, xulio, 1968)


" Comentario: A metonimia xa comentada gaiteiro- Galicia aparece no seguinte poema:



GAITA IRREAL
(Discos: Nin rosmar un laído/Lembranzas)


No lusco fusco
Pasa un gaiteiro.
Non sei se de mar
Ou de vento.

Canta e chora a un tempo
Laios no roncón,
Trinos no punteiro.

Leva a Terra con il
Sen il sabe- lo.

Esperanzas e medos
Longas noites de sofrimento.

Canta e chora a un tempo
Laios no roncón,
Trinos no punteiro.

Leva a Terra con il
Sen il sabe- lo.

No solpor hai un gaiteiro
Non sei si é ave
Ou si é berro.

Canta e chora a un tempo
Laios no roncón
Trinos no punteiro.

Leva a Terra con il
Sen il sabe-lo.


" Comentario: A morriña en boca da emigración:

MOI LONXE
(Discos: Celso E. Ferreiro na voz de Suso Vaamonde/ Lembranzas)

Verdes outeiros da nativa terra
durmindo nun azul de fumes quedos.
Rente de min estades, doces cumes,
pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.

Serpe de prata, río, longo espello
pasando con lecer. As túas augas
navegan o meu peito lentamente,
pero estou moi lonxe, lonxe, lonxe.

Antigas torres en líquenes douradas,
o chafarís, as rúas silenzosas
vanme cantando un son de gaitas ledas,
pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.

Un neno loiro en preces sulagado
buscando amor. Agora vai conmigo,
dentro de min, chorándome na ialma,
pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.

Un día voltarei, nativa terra,
a descansar en ti dos meus camiños,
mais non te alcontrarei. En min te levo,
pero eu estou moi lonxe, lonxe, lonxe.

* *



AUTOR: Iglesias Alvariño, Aquilino
__________________________________________________________________________________

PRANTO
(Disco: Santiago, mar de pedra)


¡Ai, cana de son no aire crebada
coma un pé de millo na esfarna!

¡Ai calandra de lume na mañán garrida
cun leopardo polo teu canto arriba!

¡Ai reseñor na morte á tiro fixo
e o corazón do musgo verdecido!

¡Ai cabaleiro da amargue alborada
cunha dama sin os ollos ás ancas!

¡Ai cabaleiro da dama sin ollos,
sombra amiga na Quintana dos Mortos!

 

POLO CORREIO DO VENTO
(Disco: Menceres)

Polo correio do vento
mándoche a miña canción,
nun sobre de sentiménto
que asinéi no corazón.
Escribín liña por liña,
á luz da miña saudade,
no colo dunha estreliña.
- A esa hora no valiño,
se cadra, a sombra dos arbres
morrera sobre o camiño...-
Ao acabala canción,
sequeí a tinta, inda verde,
co pó da miña canción.
E, logo, fun a botar,
ás altas horas da noite,
polo buzón do luar...
- Estaba todo calado,
no buzón habia unha carta
dun luceiro namorado.
Máis tarde sentín pasar
o peatón dunha nube
co correio do lugar... -
Cando por ahi pase o vento,
Terriña do corazón,
nun sobre de sentimento
darache a miña canción...