Logo

UNHA VIDA EN PROL DA LOITA

Letras IRÓNICAS, CON RETRANCA E UN MOITO DE HUMOR, a través cantigas populares que nos amosan comentarios, falares e demais lendas típicas en Galicia (sobre todo no pobo), arredor dunha serie de personaxes estereotipo na nosa sociedade:

* *


AUTOR: Ferreiro, Celso Emilio ______________________________________________________________________________________


" Comentario: O novo rico:


REQUIEM
(Disco: Nin rosmar un laído/ Celso E. Ferreiro na voz de Suso Vaamonde)


Paco Pixiñas, zorro confeso,
fuche en carroza pra o cimenterio.
Tanto rillar na carne de cocho,
tanto rilliar, matóute un arrouto.
Un torozón finóu cos teus días,
cómo te alcontras Paco Pixiñas.
Púñache os cornos seica a parenta,
síguechos pondo, postmortem, seica.
Das malas língoas non fagas precio,
durme tranquilo no teu sartego.
Vendiche vento, vendiche leria,
todo se vende, menos decencia.
Todo ten precio, todo se compra,
todo se vende, menos vergonza.
Diñeiro podre non fai mercede,
alma mesquiña todo empodrece.
Cómo che vai cariña de entroido,
tanto aforrar pra agora estar morto.
Deus faga parvos que nos manteñan
pois onde hai listos, zorros non medran.
Deixache as zocas polos zapatos,
de qué che sirve nise buraco.
De mau á boca pérdese a sopa,
Paco Pixiñas, cómo te alcontras.
Cinco e máis cinco non son un cento
bótalle a conta, verás que é certo.
A nosa Terra nada che debe,
nada lle importa que alá te quedes
dándolle estrume ó chan alleo
pois a Galicia sóbralle esterco.
Si fuches pobo, díl desertache,
Paco Pixiñas, Requiescat in pace.

* *

 

AUTOR: Popular __________________________________________________________________________________________________

" Comentario: Os dicires populares a través das eternas disputas home- muller, a modo de enchoiada74:

DÉIXAME SUBIR
(Disco: Regodobargo)

Viva a boa, a boa
morra a mala, a mala
o home é o que vale
a muller non vale nada.

E déixame subir
o cuarto da criada
e déixame subir
que non lle fago nada.

Morreu miña sogra
pariume unha vaca
quedámolos mesmos
que eramos na casa.

Si a muller é cousa mala
eche algo por discutire
pois agora ou máis tarde
vos a nos habedes vire.

Toda a miña vida andiven
tras dunha muller mediana
agora teño un cangallo
que non me colle na cama.

Os homes cando son vellos
non se poñen a pensare
que si faltan as mulleres
non teñen pra onde marchare.

Catro cousas hai no mundo
que son as máis testarudas
as cabras e as ovellas
as mulleres e as mulas.

Gabaste de señorito
podes perdelo costume
que xa te alcuman na fonte
pouco home e moito fume.


" Comentario: A letra popular serve, neste caso, para ironizar á vez que para denunciar, tal e como se pode comprobar na terceira e quinta estrofas:

VIVA CORUÑA
(Disco: As palabras dos galegos)

Si me dan a escollere
eu non sei que escollería
matar o porco de noite
matar o porco de día.

Na veira do mar
haiche moito que ver
baila miña Maruxa
baila na punta do pé.

O galego que non fala
na lingoa da súa terra
nin sabe que ten de seu
nin é merecente dela.

Unha vella foi mexar
diante da porta do alcalde
e tivo que pagar multa
podendo mexar de balde.

Cando se emborracha un probe
todos din que borrachón
cando se emborracha o rico
que gracioso está o patrón.