Logo

UNHA VIDA EN PROL DA LOITA

  Discografía propia

Un dos maiores méritos que poden atribuírselle a Suso Vaamonde foi o de contribuír á difusión dos poemas dos máis destacados poetas galegos , co que axudou a espallar a nosa cultura e lingua máis aló de celebracións coma o Día das Letras Galegas. Pero o seu labor de loita en contra do esquecemento, trouxo coma consecuencia non aparecer en listas de éxitos, senón en múltiples recitais, na súa maioría reivindicativos, onde empatizaba perfectamente co público. O mesmo se pode dicir da súa ampla discografía, dirixida a tipos de público diferentes, composta polos seguintes traballos:

 

Loitando (1973)

1. O DEDO NA CHAGA 
2. CO PAN DE CADA DÍA
3. SPRITOAL 
4. EN CORSO 
5. A PAZ
6. UAH! 
7. ROMANCE DE CEGO 
8. MISERERE 
9. NIN ROSMAR UN LAIDO 
10. COMPAÑEIROS
11. DERRADEIRA VONTADE DE FUCO BUXÁN

12. LOITANDO

Disco gravado na clandestinidade e conformado por poemas cantados de Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana e Manuel Álvarez Torneiro, entre outros. A voz de Suso Vaamonde acompáñase exclusivamente de toque básico de guitarra.

 

Nin rosmar un laído (1977)

1. GAITA IRREAL
2. ¿QUE TEN O MENIÑO?
3. TERRA CHA
4. O CUCO
5. DERRADEIRA VONTADE DE FUCO BUXAN
6. VESTIDA DE ALDRAXE
7. VOLVIN A TERRA PRO PERDIN O AMOR
8. TERRA
9. REQUIEM
10. ALFONSO DANIEL R. CASTELAO
11. ¡UAH!

Con este disco, Suso Vaamonde aparece coma precursor en gravacións íntegras en directo, contando coa colaboración de diferentes artistas e formacións galegas, coma Fuxan os Ventos, Pilocha, Verbas Xeitosas, Mini (actualmente en A Quenlla) ou Mero (Fuxan os Ventos). Este traballo foi gravado nunha actuación no Teatro- Cine de Veiga, en Moaña, e inclúe cancións sobre poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel Rodríguez López, Darío Xohán Cabana, Manuel María, Bernardino Graña, Lamas Carvajal, ademais da popular "Uah" (sen a estrofa que posteriormente o levaría ó cárcere).

 

Os soños na gaiola (1978)

1. GALICIA 
2. A FOUCE 
3. CAMPÁS 
4. O MEU BARCO 
5. O MUÍÑO 
6. O CHIFRE 
7. O FOGUETE 
8. O SOÑADOR 
9. O AFIADOR 
10. O LUME NOVO 
11. O PASTOR 
12. A BONECA 
13. A RODA RODA

14. O SOL 
15. A ESTRELA SIN NOME 
16. A LÚA 
17. O RÍO 
18. O ARCO DA VELLA 
19. O VENTO 
20. O MEU AÑO 
21. CARACOL 
22. A PITA CHOCA 
23. O MEU BURRIÑO 
24. O LOBO 
25. O GRILO

Traballo ideado sobre unha obra infantil de Manuel María, co mesmo título, do que recolle poemas e os musica. Este disco acadou o premio "Disco infantil do ano", outorgado polo Ministerio de Cultura español.

 

Limiar (1979)

TEMPOS E TEMPOS
EMIGRANTES DO MAR 
NEGAREIME
O VELLO E O NENO
SARAIBIÑAS
LIMIAR
NINGUÉN
LETANÍA DE GALICIA
OS LABREGOS
CANTIGA PRA DURMIR UN NENO

Disco dedicado á emigración, composto de poemas musicados dos poetas galegos Celso Emilio Ferreiro, Fernán Pardo, Méndez Ferrín, Manuel Rodríguez López, Bernardino Graña, Darío Xohán Cabana, Ramón Cabanillas e Uxío Novoneyra.

 

Celso E. Ferreiro na voz de Suso Vaamonde (1980)

1. VEÑO
2. O NENO 
3. UN SOÑO (MAIO 1972) 
4. ESPRANZA 
5. MORAIMA (XANEIRO 1972) 
6. EU EN TI 
7. CANTIGA DE RIBADAVIA 
8. MOI LONXE 
9. ANAINA PARA O CHE GUEVARA 
10. BANDE 
11. ROMANCE DE CEGO (In memorian de F.G. Lorca) 

12. LIMIAR 
13. CANTIGA PRA DORMIR A UN NENO 
14. CANTARES

Disco monográfico gravado coma homenaxe a este poeta de Celanova, co que o propio Suso Vaamonde mantivo relación de amizade. Para a ocasión, o acompañamento musical é máis variado: violín, frauta, percusións e mesmo coros.

 

Miña nai/ Lonxe (1981)

 Single que incluía exclusivamente estas dúas cancións.

 

Menceres (1986)

DONA
SONATA AO ROMANTICISMO
ROMANCE DO FEITIZO DE AMOR
AI AMOR
CANTARES
ALGÚN DÍA POR TE VER
E NOVAMENTE ERGUINME E LONXE ALBISCOTE
ONDAS DO MAR DE VIVEIRO
CANTIGA DO AMANTE PRESO 
POLO CORREIO DO VENTO

 Composicións de temática amorosa sobre os poetas Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo Garza, Eduardo Blanco Amor, Xosé María Álvarez Blázquez e Aquilino Iglesias Alvariño.

 

Cantarolas para xente miúda (1986)

ENSOÑOS
FORMIGAS
CABALIÑO NOVO 
HISTORIA DUN GRILO
O RÍO
VAI A MENIÑA
O VENTO
SUBIOTE
O PIÑEIRO
FERREIRO
XOGUETE
NA TARDIÑA
CANTARELA DOS NENOS
SOÑEI CUN TUTURUTÚ

Disco centrado en poemas de Xosé Neira Vilas de temática infantil.

 

É Nadal (1994)

1. O DEUS PROBIÑO
2. BAIXO OS TELLADOS
3. NOITE DAS NOITES
4. O NENO DEUS
5. SOBRE O SOL
6. ISTE RAPAZIÑO
7. LOUVANDIÑO SEA
8. ALÁ VEN
9. MEU CARAVELIÑO
10. A VIRXEN LAVA
11. QUE VIVA
12. O RONDÍN RONDIÑO
13. ANO NOVO
14. CANZON DA NOITE DE NADAL
15. É NADAL

Traballo centrado en cantos típicos destas datas, sobre poemas de Pura Vázquez, Celso Emilio Ferreiro, Bouza Brey, Valle-Inclán, Xulio Sigüenza, Dora Vázquez, Amado carballo, Emilio Pita, Antón Lousada e Augusto Casas.

 

Regodobargo (1995)

1. DÉIXAME SUBIR 
2. CEIBE
3. LELA
4. CANTIGA DA NOITE
5. ROMANCIÑO DOS QUE VAN E VEÑEN
6. MEU AMOR
7. ULTREIA (REGUEIFA)
8. LAVATIVA (DIGO: ROGATIVA)
9. CONTO
10. DEUS FRATESQUE GALLAECIA
11. MISERERE
12. EN CORSO
13. AMOR APRESURADO
14. OURENSE AO LONXE

Coma homenaxe á súa aldea natal, Suso Vaamonde canta neste disco poemas de Vázquez Pintor, Castelao, Manuel María, Bouza Brey, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Curros Enríquez, Añón Paz, e Manuel de Dios, ademais dun tema popular. O acompañamento dos temas vai comporse principalmente de guitarra, frauta, batería e teclados, con presencia de coros nalgunha canción.

 

Rapazas, rapaces e rapazadas (1997)

1. A PITA 
2. PICARIÑO 
3. CANTIGA PARA IR AO MAR DE PESCA 

4. O CAMIÑO DO MONTE 
5. O CANTAR DE MARI PEPA 
6. PLATA FINA 
7. SORRISO 
8. ROMAXE DA HISTORIA NATURAL 
9. CANTIGA DAS TRES CULLERES 
10. CANTAR DO VENTO LIXEIRO 
11. RODA DE NENOS 
12. AS CATRO MENTIRAS 
13. A DORMIR NENIÑO 
14. A XOGAR GAIVOTAS 
15. PRAIA EN CALMA 
16. TRES BOLBORETAS 
17. ANDURIÑAS VEÑEN 
18. FIANDEIRA 
19. A RODIÑA RODA 
20. CARRO 
21. O BAILE DA CENICENTA 
22. CAMIÑO BRANCO 
23. ANIMAIS (O CUCO - O CARACOL - O MEU BURRIÑO)

 Recompilación de cantigas infantís sobre poemas de Pura Vázquez, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Antón Zapata, Dora Vázquez, Cuña Novas, Camilo José Cela, Luis Pimentel, Crecente Vega, Neira Vilas, Emilio Álvarez Blázquez, Manuel María, ademais das populares.

 

Santiago mar de pedra (1997)

1. CANTIGA DO SAR BREMANTE 
2. CANTIGA ALUARADA 
3. PRANTO 
4. ROMANCE DO PESCADOR PELERIÑO 
5. COMPOSTELA 
6. GARCIA LORCA EN COMPOSTELA 
7. PELO CAMIÑO CARA A COMPOSTELA 
8. CANTIGAS PARA UNHA REGUEIFA A XEITO DE REQUILORIOS DE AMOR 
9. CANTIGA AMANTIÑA DE ROSALIA 
10. ROMANCE DA FREBE 
11. CANTIGA DE SAN PAIO 
12. PRANTO EN COMPOSTELA 
13. MENCER EN COMPOSTELA 
14. QUEDEI NO BAR EN SECO COMA UN PEIXE

Gravación centrada en Santiago de Compostela, botando man de poemas de Avelino Abuín de Tembra, Aquilino Iglesias Alvariño, Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Díaz Jácome, Xosé Antón Neira Cruz, Ramón Cabanillas, Manuel Fabeiro Gómez, Eusebio Lorenzo e Bernardino Graña.

 

As palabras dos galegos (1998)

ROMANCE DO SEÑOR DAS CARAPAZAS 
ROMANCE DE CEGO 
ENSOÑOS 
A REVOLUCIÓN IRMANDIÑA
VIVA CORUÑA 
LOITANDO
O DEDO NA CHAGA
CARBALLEIRA DE SAN XUSTO
AS PALABRAS DOS GALEGOS
MÁIS CORAXE
FALEMOS GALEGO
COPLAS DA EMPACADORA

Traballo onde se musican poemas de Manuel María, Millán Picouto, Noriega Varela, Xosé Fraga, ademais de dúas propias e outras populares. Con estas últimas pretende recoller versións de diferentes cantigas, tanto novas coma de sempre.

 

Cousas da lúa (1999)

1. COUSAS DA LUA 
2. O JUNCO 
3. MEUS CABALOS 
4. O NOVO EMIGRANTE 
5. ROMANCE DO SEÑOR DAS CARAPAZAS 
6. O CEPO 
7. A INIQUIDADE 
8. A VERDADE 
9. DIANTE DA NATUREZA 
10. ROMANCE DA POST-GUERRA 
11. A TERRA SIN ESPRITO 
12. LOITADOR

Monográfico- homenaxe a Roberto Blanco Torres co gallo da celebración do Día das letras Galegas dese mesmo ano. Para esta ocasión, contou co grupo musical Código de Barras, musicando e cantando diferentes letras deste poeta galego. O acompañamento instrumental comporase principalmente de baixo, percusións e guitarras. 
 

 Colaboracións

Ademais dos discos propios, Suso Vaamonde participou noutros de grande importancia, sobre todo polo aspecto reivindicativo dos mesmos. Citamos:

 Cerca de mañana (1972)

Recompilación de temas de diferentes cantautores, principalmente vascos e cataláns, gravado na clandestinidade con outros compoñentes de Voces Ceibes. Para a ocasión, Suso Vaamonde interpretou "Romance de Cego de Pedro I".

 Abolición. Canciones contra la pena de muerte (1978)

Nel interpretou "Romance de Cego in Memoriam de Federico García Lorca", poema de Celso Emilio Ferreiro.

Canciones de ida y vuelta. Canciones de la emigración(1982)

Nel dálle voz ó poema "Moi lonxe" de Celso Emilio Ferreiro.

Homenaje a las víctimas del franquismo (1984)

Traballo gravado nunha celebración en Madrid pola mesma causa. Suso Vaamonde elixiu a súa interpretación do poema de Méndez Ferrín "Cantiga do amante preso".

Celso Emilio Ferreiro. Ano das letras galegas (1989)

Co gallo desta homenaxe dedicada ó poeta de Celanova, interpreta "O mozo Daniel", deste mesmo autor.
 

 Proxectos

Cabe mencionar os seguintes proxectos, nos que el participou directamente:

Primeiro cabodano de Limoeiro, traballo gravado entre varios cantautores, en 1979.

Noticia da nova canción galega. Recollida, nun dobre CD, dun total de 57 cancións interpretadas por membros de Voces Ceibes e posterior Movemento Musical Galego. Aínda que Suso Vaamonde non aparece no disco, si estivo ó cargo desta recompilación.

Proxecto Doce Ducias con cancións populares galegas, das que só saíron ó mercado seis: "Apaga o candil", "O pandeiro de Marica", "Coplas do viño", "Música mestre", "Vai de roda en roda" e "Cancións para ir de romaxe"

Monográficos a poetas. A morte sorprendeuno cando estaba a traballar neste proxecto: unha serie de traballos dedicados a poetas galegos relevantes, coma Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Aquilino Iglesias Alvariño ou Bernardino Graña. 
 

Homenaxes póstumas

Para rematar, salientaremos dous traballos nos que tamén se ve implicado, en maior ou menor medida, o cantautor:

Lembranza (2000)

CD1

1. VOLVÍN A TERRA PRO PERDÍN O AMOR 
2. AMOR APRESURADO 
3. EN EU TI 
4. GAITA IRREAL 
5. MEU AMOR 
6. O CUCO, CARACOL, O MEU BURRO. 
7. ROMANCE DE CEGO F. G. LORCA 
8. A INIQUIDADE 
9. QUE TEN O MENIÑO 
10. CONTO 
11. TERRA CHA 
12. DEUS FRATESQUE GALLAECIA

CD2

1. GALICIA 
2. CANTIGA DO SAR BRAMANTE 
3. BANDE 
4. TERRA 
5. VEÑO 
6. EN CORSO 
7. QUEDEI NUN BAR SECO COMA UN PEIXE 
8. MOI LONXE 
9. SOBRE O SOL 
10. ANAINA 
11. NINGUEN 
12. ULTREIA

Dobre CD recompilatorio de corte principalmente intimista, coma homenaxe póstuma a Suso Vaamonde, no que están recollidos varios dos seus temas emblemáticos. Inclúe un libriño cunha breve biografía e traxectoria do cantautor, ademais de fotografías da homenaxe en Salvaterra, o adeus definitivo á beira do río Oitavén, e dedicatorias de persoeiros da cultura galega relacionados con el.

Na noiteboa co meu amigo (2001)

Conta o seu autor, o cantante Miguel Martínez, que Suso Vaamonde lle dera unha cinta con diferentes gravacións de guitarra para que lles puxese letra. De aí sae este disco de panxoliñas cun tema interpretado conxuntamente polo autor da letra e o autor das músicas: "Iste rapaciño".