Logo

UNHA VIDA EN PROL DA LOITA

Agradecementos

A Álvaro Xosé López Mira, por levarme ó rego e encamiñarme cando me perdín; agora sei que non me equivoquei.

A Xosé Covelo Míguez, pola axuda técnica mais, sobre todo, pola súa forza dende a distancia.

A Xulia Cuíñas Cid, e a Asun e Anxos Vaamonde Polo, pola simpatía e a súa axuda totalmente desinteresada; sen elas o traballo estaría incompleto.

A Pepe Rañón pola súa amabilidade ó prestarme material imprescindible.

A Xan Bouzada, por contarme experiencias magníficas de primeira man e axudarme na busca de discografía desaparecida.

A Juan Corvacho e Mónica Valderrama, pola súa inestimable e desinteresada axuda técnica.

A Antonia Fuentes e Elena Amoedo, por atenderme e axudarme a buscar o imposible.

A Xusto Peón e a Chema Bará, por atenderme sen reparos.

A Cándido Cabaleiro Paz, pola súa axuda experta á hora de esfiañar músicas.

A José Manuel e Ánxela Durán Couñago, polo empréstito de material discográfico e outras axudas inestimables.

A Saturno Ferreira; Nieves Esther Soto- Alján; Beatriz Castro; Mª Pura de la Cruz; Ana Mª e Pablo Orozco; Guilermo Moledo; Manuel Domingo Lago; Javier Reguera e Ángel Valado, por botarme unha man coas novas tecnoloxías e en demais momentos desesperados.

A Josefa Orozco e a Beatriz Fernández Estevez, a quen sempre lles estarei agradecida, e xa saben por que.

E, por suposto, á miña familia e amigos, porque o que fago sempre será gracias a eles.