Logo

UNHA VIDA EN PROL DA LOITA

NAI TERRA

Chegan, veladas chegan
as desfiadas e escuras voces
ó son da Terra
que cuspe a dor e arreda a pena.

Fía, amores, fía
e só namora a quen a quere.
No máis fondo
crávame as unllas nesta pel.

Fía e desfía, si
e volve a fiar
envolve arredor
esta voz, esta pel
que non soubo voar.

Fía, amores, fía
e sobre a fronte deseña estrelas,
sofre a mágoa
padece a pena que golpea.

Ó Terra, fálame e di
se vou onda ti
devolver ou gardar
o que non é so meu.

Uxía Senlle

Solicitamos su permiso para obtener datos estadí­sticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información